ARQUEOLOXÍA

O servizo de arqueoloxía realiza toda clase de actuacións relacionadas coa nosa disciplina, dende estudos previos de asesoramento ata o desenrolo de proxectos para autorización de obras que podan presentar algún tipo de impacto arqueolóxico.
Realizamos proxectos no ámbito da iniciativa privada en reformas ou rehabilitación de inmobles en cascos históricos ou na contorna de xacementos, cortas forestais de enclaves arqueolóxicos e calquera actividade que supoña un risco para os bens arqueolóxicos.
Se realizan proxectos para obras públicas ou proxectos industriais de gran impacto que requiren un especial traballo preventivo de avaliación de impacto arqueolóxico
A posta en valor de xacementos constitúe un instrumento de gran proxección na actualidade mediante o que os organismos públicos e as administracións locais responsables da súa xestión poden estimular e actualizar a economía de ambito rural. A gran variedade de recursos potenciais existentes debido a riqueza e calidade do noso patrimonio arqueolóxico espallado pola xeografía galega constitúe un eslabón obrigado no desenrolo económico. Neste ámbito se ofrece unha atención particularizada tendo en conta as súas características e o tratamento máis axeitado para cada enclave arqueolóxico.
O drone constitúe hoxe en día un complemento primordial en arqueoloxía para a documentación, a prospección, o estudo e análisis de xacementos, permitindo o levantamento de precisas cartografías de escavación. Servizo independente para documentación e posta en valor do patrimonio, especializado en arqueoloxía para escavación e documentación arqueolóxica.